| XORNADAS DE XUVENTUDE NO CONCELLO DO ROSAL | | ![]() | ![]() |
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marca o programa “Xornadas e Obradoiros de Xuventude nos Concellos”. Os obxectivos deste programa son os de facilitar información e formación, sobre os recursos da Xunta de Galicia, en materia de Xuventude. Concretamente no Concello do Rosal Terán lugar as seguintes xornadas: • Luns 19 de setembro de 19.00 a 21.00: “Xuventude en Acción—Intercarmbios e Iniciativas”. • Luns 26 de setembro de 19.00 a 21.00: “Servizo de Voluntariado Europeo”. Dentro do Programa Xuventude en Acción, intercambios e iniciativas xuvenís e servizo voluntario europeo constitúen un instrumento privilexiado para fomentar a política de cooperación na mocidade. O programa ten como obxectivo principal contribuír ó proceso educativo, dun xeito non formal, de tódolos xoves, principalmente mediante actividades de intercambio. As persoas interesadas en participar en calquera destas xornadas debe inscribirse no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal ou chamar ó 986 609450. |












A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marca o programa “Xornadas e Obradoiros de Xuventude nos Concellos”. Os obxectivos deste programa son os de facilitar información e formación, sobre os recursos da Xunta de Galicia, en materia de Xuventude.