REMATAN AS ACTIVIDADES DE VERÁN Imprimir E-mail

O día 5 de setembro rematan as actividades de verán organizadas polo Concello do Rosal, a través do Servizo de Información Xuvenil, dirixidas a rapaces matriculados o pasado ano en Educación Infantil e Educación Primaria.

Un total de 60 rapaces participaron este ano nas mesmas. Entre as actividades que realizaron están as manualidades, xogos e visitas (concretamente as Aceñas e á Biblioteca Municipal).
Estas actividades veñen realizándose dende hai xa 10 anos cunha excepcional acollida por parte dos pais dos nenos.