| EXPOSICIÓNS FESTAS DO PILAR E DO XXIV LEMBRANZA DO CABAQUEIRO | | ![]() | ![]() |
Desde o pasado 8 de outubro e ata o día 12, a sala de exposicións do Concello do Rosal acolle dúas exposicións con motivo da celebración da Festa do Pilar e da XXIV Lembranza ao Cabaqueiro. Unha delas é do deseñador gráfico e licenciado en Belas Artes IAGO RIERA e comprende unha ampla mostra de collage e técnica mixta sobre tela. O autor vigués conta no seu haber cunha gran experiencia en exposicións e concursos, nos que foron seleccionadas o premiadas obras da súa autoría, tanto dentro como fóra de Galicia. Xunto a Iago Riera tamén expón MARÍA DEL CARMEN GONZÁLEZ , veciña de Tui, cunha pequena mostra de óleo e unha máis ampla mostra de punto de cruz, manualidade reflectida en toallas, mantelerías, cadros e outros detalles desta técnica de bordado sobre tela. Relacionado coa Lembranza ao Cabaqueiro exponse fotografías antigas e recentes deste recoñecido e homenaxeado oficio e dúas maquetas do noso veciño PRAXÍTELES GONZÁLEZ. ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |












Desde o pasado 8 de outubro e ata o día 12, a sala de exposicións do Concello do Rosal acolle dúas exposicións con motivo da celebración da Festa do Pilar e da XXIV Lembranza ao Cabaqueiro. 



