| OS CABAQUEIROS DO ROSAL VISITAN A XUNQUEIRA | | |  |  |
.JPG) O pasado 11 de outubro con motivo da celebración da XXIV LEMBRANZA AO CABAQUEIRO, un grupo de cabaqueiros xunto co historiador rosaleiro, Xoán Martínez Tamuxe,
dous membros da Asociación Sociocultural “Cabaqueiros do Futbolín” e a concelleira de Cultura do Rosal, Charo Tabales, desprazáronse no microbús do concello ata a Xunqueira (Parroquia de Salcidos). O obxecto da viaxe foi coñecer os restos dun antigo e importante complexo cerámico-industrial. Na actualidade existen as ruínas de dous fornos cerámicos, datados entre o ano 1850 e 1895, uno deles restaurado parcialmente e doutro, aínda que sen restaurar, recuperáronse os seus restos. Puidemos coñecer por boca do Presidente da Comunidade de Montes de Salcidos, D. Feliciano González Otero, unha reseña da historia e donfuncionamento desta importante e antiga cabaqueira. Na iniciativa desta recuperación e restauración participou activamente o mesmo Feliciano González e o concelleiro de Patrimonio do Concello da Guarda, D. Xavier Crespo González. A nosa máis sincera felicitación por esta exemplar concienciación e sensibilidade para defender e por en valor o noso patrimonio máis prezado. .JPG) .JPG) .JPG)      * Fotos cedidas por Juan Ramón Martínez Barbosa
|