| Baile INQUEDANZAS | | ![]() | ![]() |
O pasado sábado 12 de novembro no Auditorio Municipal, dentro da programación cultural do Concello do Rosal para este outono, estivo con nós o grupo folclórico de Baile INQUEDANZAS.Este estupendo grupo pertence á Asociación Cultural “Aloia” de Pazos de Reis (Tui) e xa leva vinte e cinco anos promocionando, por moi diversos lugares da xeografía española, Italia e Portugal, a nosa música e danza tradicionais. Máis de metade dos seus compoñentes, dun total de 70, ofrecéronnos un amplo repertorio de pezas de música e bailes recuperados do noso folclore e outras de creación propia. Estiveron acompañados polo seu mestre Alexandre F. Castro e deron mostra do magnífico, coidadoso e exquisito traballo de grupo e do agarimo que este grupo sente pola nosa identidade e tradicións. Felicidades a todos eles. ![]() ![]() ![]() |












O pasado sábado 12 de novembro no Auditorio Municipal, dentro da programación cultural do Concello do Rosal para este outono, estivo con nós o grupo folclórico de Baile INQUEDANZAS.
