Exposición “O BAIXO MIÑO: ESPAZO NATURAL INTERNACIONAL” Imprimir E-mail
A Sala de Exposicións do Concello do Rosal acolle desde o pasado día 9 de xaneiro e ata o vindeiro día 25 deste mesmo mes a exposición itinerante “O Baixo Miño: Espazo natural internacional”, realizada dentro do programa operativo de cooperación transfronteiriza  España-Portugal  cofinanciado con fondos FEDER.
Consta de 11 paneis explicativos e da proxección  dun vídeo de 18 minutos de duración a través dos que coñeceremos os recursos do Baixo Miño, ecosistemas, formas de vida, actividade pesqueira, plans de conservación e protección das especies máis importantes e representativas…., en definitiva coñeceremos un espazo natural do que formamos parte, co que convivimos e que é necesario coñecer para respectalo e protexelo.
Ademais,  recoméndanse unha serie de itinerarios  que percorren o  río Miño no seu tramo final, desde Crecente ata a Guarda,  para todos aqueles que lles guste gozar da natureza.