| Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo | | ![]() | ![]() |
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMÓNS. PÚBLICAS E XUSTIZAAxudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo. Obxecto: convocatoria de axudas económicas dirixidas a aqueles traballadores que entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011 se acolleran a unha redución da súa xornada de traballo para o coidado do seu fillo/a. Beneficiarios: a) Homes que se acollan á redución de xornada e sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario e os socios das sociedades cooperativas, sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social. b) Familias monoparentais nas que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 18/06/2011 Axencia de emprego e desenvolvemento local Concello do Rosal - Centro social polivalente Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla 986 60 94 50 |












CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMÓNS. PÚBLICAS E XUSTIZA