| Subvencións para fomentar a responsabilidade social empresarial (RSE) nas pequenas e medianas empresas | | ![]() | ![]() |
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTARSubvencións para fomentar a responsabilidade social empresarial (RSE) nas pequenas e medianas empresas. Obxecto: convocatoria de axudas para fomentar a responsabilidade social empresarial (RSE) nas pequenas e medianas empresas (pemes), a través das seguintes liñas: Liña I: axudas para a implantación de modelos, sistemas ou ferramentas de xestión que introduzan conceptos de RSE nas empresas galegas. Liña II: axudas para que a empresa reciba formación específica en materia de sustentabilidade ou responsabilidade social empresarial. Liña III: axudas para a obtención de reportes, estándares ou certificacións en responsabilidade social empresarial. Beneficiarios: as empresas privadas con domicilio social e centro de traballo en Galicia, que reúnan as seguintes condicións: a) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros. b) Que conten cun número de persoas traballadoras inferior a 250. c) Atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto, coa administración pública da comunidade autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento. d) Non teñen consideración de beneficiarias as entidades sen ánimo de lucro. Prazo de presentación de solicitudes: ata o 18/06/2011 Axencia de emprego e desenvolvemento local Concello do Rosal - Centro social polivalente Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla 986 60 94 50 |












CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR