Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV - Baixo Miño

CONTACONTOS DE SABINE PFISTER NA BIBLIOTECA PDF Imprimir E-mail
Escrito por Juan Ramon Martinez Barbosa   
Jueves, 04 de Febrero de 2010 14:47

CONTACONTOS DE SABINE PFISTER NA BIBLIOTECA 

O sábado 30 de xaneiro tivo lugar na Biblioteca Municipal un contacontos organizado pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo.

De novo a encargada de transmitir as diferentes historias para os máis pequenos foi Sabine Pfister, que -cun teatriño- e ataviada cun disfrace fixo as delicias dos máis de vinte e cinco nenos e nenas que se achegaron ata o “Rincón do Conto”. A próxima cita será o sábado 27 de febreiro ás 12:00 horas nas mesmas dependencias do Concello e o contacontos estará a cargo de Beatriz, mestra do colexio do Couso.