|
Noticias
|
|
Escrito por webmaster
|
|
Lunes, 30 de Noviembre de 2009 13:56 |
BASES 1º.- Poderán participar tódalas persoas que o desexen. O tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre. 2º.- Os Beléns deberán ser colocados polos seus autores/as ou persoas que os representen no lugar que se lles indique os días 14 e 15 de decembro das 9:00 ás 12:00 e das 16:00 ás 19:00 horas no Centro Social Polivalente. 3º.- Os traballos presentados estarán expostos a partir do 18 de Decembro, data na que se inaugura a exposición e na que se fará entrega dos premios, ata o 6 de xaneiro no mesmo centro. 4º.- A retirada dos traballos deberá efectuarse os días 7 e 8 de xaneiro de 2010 de 17:00h. a 20:00h, perdendo o dereito sobre os mesmos no caso de non facelo. |
|
Ler máis...
|
|
|
Noticias
|
|
Escrito por webmaster
|
|
Miércoles, 18 de Noviembre de 2009 17:25 |
Onte martes 17 de novembro comezou o “Curso de Ioga para nais e bebés” no Concello do Rosal. O prazo de inscrición aínda está aberto para todas aquelas nais que desexen participar. Estas clases de ioga son impartidas por Sabine Pfister e celebraranse unha vez por semana, concretamente os martes de 17 a 18 horas. Para máis información podedes chamar ao teléfono 986 60 94 50 ou achegarvos ata o Centro Social Polivalente. |
|
Ler máis...
|
|
Noticias
|
|
Escrito por webmaster
|
|
Viernes, 06 de Noviembre de 2009 14:12 |
A concellería de Cultura do Concello do Rosal presenta unha ampla programación Cultural para este mes mes de Novembro. - DÍA 7 Proxección da película: MEJOR IMPOSIBLE
Auditorio Municipal ás 19:00 horas. - DÍA 14 Proxección da película: MI GRAN BODA GRIEGA Auditorio Municipal ás 19:00 horas - DÍA 15 O Grupo de Teatro Agarimo representa a obra: O ENFERMO IMAXINARIO, de Molière Auditorio Municipal ás 19:30 horas |
|
Ler máis...
|
|
Noticias
|
|
Escrito por webmaster
|
|
Viernes, 16 de Octubre de 2009 14:39 |
O vindeiro martes 27 de outubro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal do Rosal celebrarase unha conferencia infor- mativa que xirará ao redor da nova gripe, a "GRIPE A". Estas charlas están organi-
zadas pola Deputación de Pontevedra coa colaboración da Conselle- ría de Sanidade da Xunta de Galicia e neste caso do Concello do Rosal. Achegarase ata a nosa vila para falar deste importante e novidoso tema Margarita Cueto Baelo, xefa do servizo de Medicina Preventiva do Hospital Xeral de Vigo. |
|
Noticias
|
|
Escrito por webmaster
|
|
Viernes, 09 de Octubre de 2009 13:49 |
O sábado 10 de outubro comezan as Festas da Pilarica e a XXII Festa do Cabaqueiro. As previsións da organización din que serán sen dúbida unhas das máis animadas dos últimos tempos, prolongándose ata o luns 12 e con multitude de actividades para pequenos, mozos e maiores. O programa para este sábado iníciase ás 16 horas co obradoiro para nenos/as de facer tellas. Sobre as 17 horas dará comezo o I Campionato de Futbolín "Os Cabaqueiros" organizado polo Concello, coa colaboración da Fundación O Rosal e Caixanova. A partir das 21 horas, e tamén na Praza do Calvario celebrarase o II Festival Folk do Rosal coordinado pola Agrupación Musical da vila actuando os seguintes grupos: Lareira (A Guarda), A Subela (Noia), Os Irmandiños (Vincios) e o Rancho Folclórico de Gondarém (Portugal). Haberá cantina e moitas sorpresas... |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
|