| ALMORZOS SAUDABLES DO CONCELLO DO ROSAL | | ![]() | ![]() |
FUNDAMENTACIÓN E DESCRIPCIÓN DO PROGRAMA O Concello do Rosal dentro das súas actividades adicadas a promover hábitos saudables entre a xente más nova, quere por de manifesto a importancia que ten o almorzo como unha das principais comidas do día, sobre todo entre nenas e nenos, xa que moitos deles prescinden desta comida o que supón baixo rendemento nos estudos e cansanzo ó longo da mañá.Realizaremos un bufet degustación dos diferentes grupos de alimentos que non deben faltar nunca no almorzo: - Fibra: galletas, cereais, tostadas e pan - Fruta: cítricos variados, fresas, plátanos, piña e outras frutas - Lácteos: leite (de vaca, cabra e soia), queixo, cuaxada… - Azúcares: mel e azucre - Graxas: manteca, margarina e aceite de oliva O día que se realice a actividade coa súa aula, solicítase ao alumnado que leven unha taza e unha culler. OBXECTIVOS E CONTIDOS BÁSICOS DO PROGRAMA Obxectivos xerais que queremos acadar: - Promover hábitos de vida saudables na poboación escolar. - Coñecer os diferentes tipos de alimentos. Contidos que traballaremos co alumnado: Trataremos o tema das alerxias ó gluten, lácteos, etc. que diferentes nenos e nenas padecen. Importancia de combinar boa alimentación e deporte, para o que o profesor de educación física colabora falando do deporte. Traballaremos tamén o coñecemento de diferentes texturas, alimentos, sabores para que os propios rapaces e rapazas elaboren eles mesmos/as o seu almorzo ó gusto de cada un. PERSOAS DESTINATARIAS E CRONOGRAMA Poboación escolar de Educación Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier. Levarase a cabo durante semana do 6 ó 10 de xuño. O horario será a primeira hora de 9 a 10.40 h., para que os/as rapaces/as poidan almorzar a primeira hora da mañá. LUGAR DE REALIZACIÓN Realizarase na 1ª aula da Escola Obradoiro do Concello (nas inmediacións do centro escolar).
|












