| CHARLA INFORMATIVA SOBRE EDUCACIÓN E TERAPIA CON ANIMAIS | | ![]() | ![]() |
| Noticias |
Esta charla foi organizada polo Gabinete de Psicopedagoxía e Logopedia ANA do Rosal e ofertada polo Gabinete de Psicopedagoxía Con.Tacto, Terapia, educación e ocio con animais, de Vigo, composto por Olalla Vergara, mestra e técnico en animais de terapia, e Laura Pazos, psicóloga. A interesante e amena presentación , amenizada con fotos e vídeos, a cargo de Olalla Vergara, foi aplaudida pola asistencia. Olalla explicou as esixencias, traballo e preparación que necesita este tipo de talleres, sesións, e/ou terapias, que poden ser en grupo ou individuais: moito máis alá de “facer actividades ou xogos con cans”; indicando cales poden ser os obxectivos e beneficios das sesións; así como os distintos colectivos ós que están dirixidas: centros educativos, discapacidade, enfermos mentais ,síndrome de down, autismo, centros de maiores, etc. Ó termino da charla, os asistentes disfrutaron de pinchos e bebida que permitiu o intercambio e preguntas ás dúas profesionais. Nenos e nenas puideron tamén disfrutar da presenza dos 3 Golden Retriever (Trasto, Hada e Shiva) que se prestaron a algunha demostración da súa docilidade e paciencia así como do que saben facer. Os talleres educativos e de terapia con animais xa están en marcha dende setembro no Rosal os mércores cada 15 días de 16h a 17h e de 18h a 19h na Rúa Ramón Franco 22-Baixo. |











