OS REIS MAGOS VISITARON O ROSAL Imprimir E-mail
Noticias
O martes 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente saíron as 9 da mañá do Centro Social Polivante cara a Gardería infantil e despois de agasallar aos nenos cun conto chegaron ata a Praza do Calvario onde foron recibidos polo Alcalde e a Concelleira de Cultura. Subiron ata as dependencias municipais para entregar caramelos aos traballadores/as que alí se atopaban.
Acompañados dos seus paxes, as Súas Maxestades os Reis Magos subiron no microbús do concello para percorrer máis de 50 km por todas as parroquias  e barrios rosaleiros transmitindo unha mensaxe de paz e ilusión.
Fixeron paradas en todos aqueles lugares onde agardaban os nenos e maiores  repartindo máis de 300 Kg de caramelos.
Remataron o seu percorrido sobre as 5 da tarde na Praza do Calvario onde agardaban un gran número de pequenos desexosos de contarlles   o que lles pediron para esa noite máxica.
Todos os que ata alí se achegaron recibiron dos Reis Magos un conto e unha bolsa de lambetadas.
Para rematar a tarde de Reis degustouse chocolate con biscoitos